Divulgación

  • Cover image

    Xacobe Martínez Antelo é músico, emprendedor, e activista cultural. (Compostela, 1976). No eido da divulgación, ven desenvolvendo concertos didácticos e clases maxistrais dende hai máis de 15 anos, e para todo tipo de audiencias: músicos profesionais, estudantes de música, aficionados ó Jazz, rapaces e rapazas de primaria e secundaria, terceira idade ou colectivos con capacidades diversas. Ademáis de concertos didácticos de Jazz, tamén realiza talleres de Improvisación dirixida, usando técnicas coma o Soundpainting. O seu descubrimento do Soundpainting, foi directamente da man do seu creador, Walter Thompson, hai xa cerca de 20 anos. O Soundpainting é unha Linguaxe de signos aplicada á Improvisación. A Directora ou Soundpainter compón ao vivo pezas improvisadas multidisciplinarmente e de xeito colectivo. Multidisciplinar porque se ben comezou nos anos 70 aplicado á Música, hoxe en día utilízase en case calquer expresión artística: Movemento, Artes Plásticas e Visuais, Teatro, Literatura, Performance, etc… Na actualidade, Xacobe Martínez Antelo é "Certified Soundpainter", e adícase á práctica de Soundpainting de xeito estable, formando, divulgando, aprendendo e disfrutando. 

    Discografía

    Videos

    Próximos eventos

    Monday 10:30H May 18

    Acción Didáctica da Orquestra Galega de Liberación

    Rubén Fdez. voz

    María José Pámpano, violín

    LAR Legido, batería

    Estefi Gómez, corpo en movemento

    Alba Fernández, corpo en movemento

    XMA, condución

    Santiago de Compostela, A Coruña Centro Galego de Arte Contemporáneo